Sunday 05 de May de 2024

Adxudicada unha actuación para instalar unha rede de saneamento nun camiño do lugar de Lixó, na parroquia de Oleiros


A xunta de goberno local do Concello de Riveira aprobou unha nova actuación consistente na instalación dunha rede de saneamento nun camiño en Lixó, na parroquia de Oleiros.

O importe da actuación ascendeu a 10.138,99 euros e o prazo de execución é dun mes. A empresa adxudicataria resultou ser Río Sieira, S.L.

En virtude desta obra, o camiño en cuestión será obxecto da colocación dunha tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, ademais de seren instalados pozos de rexistro.